HXGA ANA

Friday, April 07, 2006

ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía naceu o día 24 de Febreiro de 1837 e morreu o 15 de Xullo de 1885.
Cando Galicia era un país totalmente analfabeto os versos de Rosalía foron amados,recitados e recordados.
recibe a influencia do romanticismo (Heine, Espronceda). Admira a Fernán Caballero como muller-escritora, ten relación con Bécquer e frecuenta ós ambientes de recuperación dunha identidade galega diferenciada, presididos polo seu marido Murguía.
Seu libro "Cantares Gallegos" foi o revulsivo da dormida cultura galega.Co seu libro en castellano "En las Orillas del Sar" alcanza a condición de precursora do modernismo e do existencialismo.
Ninguén ata estas datas se asomara, en ningunha das linguas hispánicas, a territorio tan grave do espíritu human.

Friday, March 31, 2006

RODRÍGUEZ CASTELAO

Naceu en Rianxo (1886) e morreu en Bos Aires (1950). Foi un importante político, escritor, pintor e bebuxante galego.É un dos pais do nacionalismo galego.
Seus traballos teóricos, súas conferencias, seu compromiso político, levouno a morrer no exilio, a súa actitude de total integración de ser galego, hacen que a súa personalidade sea de vital importancia, non só como punto de partida de humor gráfico galego, senón como referencia de calidade parangonable cós grandes maestros de todo o mundo

Friday, March 24, 2006

VICENTE RISCO

Naceu en Ourense en 1884.Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela.Fundou o Partido Nacionalista Republicano e mais tarde o Partido Galeguista.Foi o fundador da revista "La Centuria", e en 1920 publicó seu ensaio máis coñecido e importante "Teoría do nacionalismo galego" que convertiuno no principal ideólogo galeguista do momento.A obra de Risco, e en especial este ensaio, é decisivo na formulación dese concepto e na construcción de moitos aspectos básicos do discurso nacionalista.
Vicente Risco recolle o legado de Murguía e combínao con outras influencias coma o irracionalismo filosófico, o determinismo xeográfico, o neotradicionalismo e a etnografía.O resultado é que concibe a nación como un "feito natural independente da vontade dos homes", en oposición ó comcepto liberal baseado na vontade xeral rousseauniana. As nacións non poden ser algo continxente, senón entes moito máis estábeis, como a propia Natureza.
Polo que atinxe a Galicia para el non hai dúbida: "Galicia é xa unha nación"

Wednesday, March 22, 2006

ALFREDO BRAÑAS

É o creador da teoría do rexionalismo conservador galego.É un lider de forte personalidade e ó redor da súa persoa vaise desenvolvendo un movemento que se inicia practicamente coa Grande Obra de Antolín Faraldo. Castelao defíneo como un gran patriota e un home extraordinario.
Naceu en Carballo, pero trasladouse a Cambados cando era neno. Iniciou o bacherelato en Santiago e despois continuou na Universidade compostelana. Realizou o doutorado en Madrid.
Alfredo Brañas construíu a súa teoría rexionalista sobre a base dunha experiencia rexionalista en Galicia e Catalunya e sobre o esquema dunha formación xurídica e económica moi intensa. A formulación da súa teoría rexionalista está contida en numerosos traballos, en revistas e en xornais.
Brañas, o día 1 de Xaneiro de 1890, tomou posesión do seu primeiro cargo público: o de concelleiro do Concello de Santiago de Compostela.
Seguiu moi de cerca a evolución do rexionalismo catalán e desa observación foron xurdindo documentos e escritos que o lider galego intentaba instaurar en Galicia.

Monday, March 13, 2006

IDENTIDADE NACIONAL

Hai moitas formas de identificarse nacionalmente.As persoas soen ter algún signo que os identifica coa súa cidade o co seu pais.Por exemplo España é coñecida como o pais dos "toros" e Galicia é coñecida polos seus antepasados "os celtas".
Os signos máis representativos soen ser as bandeiras e os inmos, aínda que tamén hai diferentes causas para sentirse identificado coa túa terra: a forma de pensar, a lingua, os antepasados...
En España as persoas que se senten máis nacionalistas son os vascos, os cataláns e os galegos, poeque teñen un pasado con gran historia, aínda que as demais autonomías podense sentir identificados coa súa terra por diferentes motivos.

Friday, March 03, 2006

OS CARRILANOS

Galicia vive nestes tempos a convulsión que vai supoñer a posta en marcha do tren de alta velocidade, que unirá as principais cidades con Madrid en menos de tres horas.
A mediados do século XX iniciáronse as perforacións dos túneles de ferrocarril máis longos da península, os que atravesaban os montes de Galicia, entre Puebla de Sanabria e Ourense.
A construcción do Ferrocarril Puebla de Sanabria-Ourense foi unha historia interminable durante prácticamente medio século, prometido por gobernos monárquicos, republicanos e da dictadura.Abriuse o treito plutoniano da liña Zamora-A Coruña, coa que quedaría aberta a comunicación de Galicia con Castela.
Os homes que fixeron estas liñas son considerados "heroes", por distintas razóns: interminables horas de traballo á escuras, dificultades técnicas, fatigas, días de folga durante a segunda República, traxedias provocadas polos tiros e a pólvora e estaban afectados pola silicose.
Fíxose unha panorámica esperanzadora do treito de caminos de ferro e dos proxectos en marcha da recuperación das súas estacións para o seu emprego turístico e cultural.

Wednesday, February 08, 2006

O MEGALITISMO

Tamén chamado cultura megalítica, é o tránsito dunha economía depredatoria a unha productora. Houbo unha agricultura cerealística de rozas durante o V milenio.
O termo megalitísmo deriva da construcción do enormes monumentos funerarios feitos con grandes pedras, que poden ser de diferentes tipos:
- círculos líticos ou crómlechs
- menhires, en Galicia chamados pedras
- mámoas (sepulcros funerarios)
Desenvolveuse en Galicia durante o terceiro milenio a.,C formando parte dun fenómeno cultural moi amplo que se difunde nas zonas costeiras do occidente europeo.
A existencia de mámoas testemuña o culto ós mortos e a crenza nunha vida de ultratumba.
As mámoas se localizan nas gándaras e penicháns, é dicir, en terreos aptos para o pastoreo e a gandería. Teñen unha economía centrada na agricultura, pero completada coa actividade pastoril, gandeira e de prácticas depredatorias de base mesolítica.A gandería na época megalítica baseábase na cría de bois, porcos, cabras, ovellas...Os agricultores sementaban cereais e legumes.
A sociedade megalítica galega non desenvolveu unha importante xerarquización social, como amosan os sepulcros e os enterramentos colectivos.É pois unha sociedade igualitaria, composta de pequenas comunidades asentadas de forma dispersa no territorio e moi relixiosa.
A cultura megalítica comeza a esmorecer a finais do terceiro milenio, pois non consigue manter a súa vitalidade cunha tecnoloxía metalúrxica.